LEGALIZACIÓN DE INSTALACIONES E INDUSTRIAS
Posuimos unha ampla experiencia en LEGALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS, tanto no campo industrial como en actividades do sector comercial e terciario en xeral. NORTING INGENIERÍA leva a cabo tanto a legalización integral das instalacións industriais de nova creación, como a reforma (modificación ou ampliación) das existentes que requiren de novo a legalización. Dispoñemos dun equipo de técnicos altamente cualificados para tratar con eficacia todo o proceso de legalización. NORTING INGENIERÍA ofrece un servizo integral que remata coa legalización e rexistro completo perante os organismos públicos. Encargámonos de preparar e recompilar toda a documentación necesaria, axudándolle e orientándoo durante todo o proceso. Dispoñemos de colaboradores habituais de OCA (Organismos de Control Autorizados), para os casos nos que sexan requeridos a obtención de certificacións e informes.
Levamos a cabo a legalización das seguintes instalacións e industrias:
- Legalización e rexistro industrial de calquera tipo de industria.
- Instalacións de protección contra incendios (en calquera campo e sector)
- Electricidade de baixa tensión (en industrias, locais de uso terciario, vivendas, etc.)
- Electricidade de media e alta tensión (centros de transformación, liñas aéreas e subterráneas, SETs, etc.)
- Equipos a presión (aire comprimido, caldeiras de vapor, etc.)
- Aire acondicionado, calefacción, ventilación e ACS (RITE)
- Frío Industrial
- Instalacións petrolíferas de uso propio
- Almacéns de productos químicos (inflamables, corrosivos, tóxicos, etc.)