PRESENTACIÓN

NORTING INGENIERÍA é unha empresa especializada na realización de proxectos industriais que conta con máis de 40 anos de experiencia profesional no sector. Centramos a nosa ampla gama de servizos na DIRECCIÓN DE OBRAS e PROXECTOS COMPLETOS de fábricas e grandes áreas, locais comerciais, así como INFORMES PERICIAIS, VALORACIÓN DE INMOBLES e CERTIFICADOS E AUDITORÍAS ENERXÉTICAS.

Somos unha empresa líder no sector grazas ao minucioso traballo diario para GARANTIR A CALIDADE en todos e cada un dos nosos PROXECTOS. A nosa determinación por acadar os mellores resultados lévanos a buscar unha mellora continua dos nosos equipos, razón pola que optamos por incorporar sempre as últimas tecnoloxías e identificar as necesidades de cada cliente. Deste xeito, levamos a cabo SERVIZOS DE ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA INDUSTRIAL adaptados e personalizados segundo as preferencias e directrices do cliente, adaptándose a tódolos requisitos da normativa vixente.

Sabemos que cada proxecto é único, polo que poñemos á súa disposición a nosa experiencia e profesionalidade para ofrecerlle un servizo rápido e eficiente.

En NORTING INGENIERÍA diriximos o noso traballo a empresas dos sectores industrial, administrativo e comercial, nas máis diversas áreas de actividade, a organismos e institucións públicas (concellos, entidades autonómicas …), ofrecéndolles un servizo de calidade profesional e personalizado. Otorgámoslle especial importancia ao proceso de planificación para acadar os obxectivos fixados polo cliente. Proba diso son algúns dos PROXECTOS INDUSTRIAIS que levamos a cabo con éxito ao longo da nosa traxectoria e que nos situaron como enxeñaría de referencia no sector. Grazas a estes traballos, xa hai moitos clientes que confían nos nosos servizos e nos profesionais que forman parte do noso equipo.

Se precisa máis información sobre algúns dos nosos servizos, non dubide en contactarnos.