SERVIZOS OFRECIDOS POR NORTING INGENIERIA

NORTING INGENIERÍA pon á súa disposición unha serie de servizos de ARQUITECTURA E ENXEÑARÍA INDUSTRIAL independentemente do sector ou tamaño da actividade e dirixidos tanto a empresas como a particulares. Os técnicos que forman parte do noso equipo desenvolverán un traballo totalmente personalizado dirixido a satisfacer as necesidades específicas de cada caso, asignando todolos recursos precisos pra elo.

A nosa empresa ofrece servizos especializados en:

  • PROXECTOS COMPLETOS DE FÁBRICAS E INDUSTRIAS
  • LEGALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E INDUSTRIAS
  • DIRECCIÓNS DE OBRA – PROJECT MANAGER
  • APERTURA DE ACTIVIDADES – TRAMITACIÓNS EN ÓRGANOS PÚBLICOS
  • COLABORACIÓNS TÉCNICAS
  • PERITACIÓNS E INFORMES
  • CERTIFICADOS ENERXÉTICOS E AUDITORÍAS

En NORTING INGENIERÍA seguimos rigorosos procedementos para acadar o noso principal obxectivo: a satisfacción total do cliente a través dun traballo ben feito, da máis alta calidade e nos prazos establecidos. Seriedade e profesionalidade son dúas das características que definen a nosa empresa.

Se quere recibir a nosa visita ou se ben prefire acudir ás nosas oficinas, o noso equipo estará encantado de recibilo.