PERITACIÓNS E INFORMES

O servizo de peritacións e informes inclúe dúas grandes áreas de acción dirixidas a satisfacer as necesidades de cada un dos nosos clientes en diferentes aspectos técnicos que requiren da presenza dun experto ou perito:

INFORME PERICIAL

VALORACIÓN DE INMOBLES

Levamos a cabo informes detallados que contemplan tódolos puntos e peculiaridades de cada situación. Ofrécese unha atención completamente personalizada a cada cliente, para ter en conta as particularidades de cada caso, xa que nunca hai dous informes iguais. O tratamento individualizado garante un estudo específico e único segundo as súas necesidades. Se busca unha empresa especializada en todo tipo de peritacións e que posúa persoal cualificado, así como as ferramentas axeitadas e os programas recomendados, sómola súa mellor opción.