INFORME PERICIAL

O INFORME PERICIAL é un documento formal, elaborado por un perito que posúe coñecementos especializados e técnicos sobre unha materia ou campo específico, e ademáis e alleo aos feitos que analiza, cuxo obxectivo principal é a presentación de resultados de expertos ante un órgano xurisdicional, administrativo ou institucional. Este informe ofrece conceptos, xuízos e opinións dun profesional do campo obxecto de estudo, polo que o documento é válido como proba para calquera tipo de proceso xudicial ou para un caso extraxudicial que precise unha opinión pericial. En NORTING INGENIERÍA queremos estar carón dos clientes que confían na nosa empresa, polo que lles ofrecemos un servizo especializado na realización do seu informe pericial. Grazas ao persoal de expertos altamente cualificados e cunha longa traxectoria na realización de periciais, estamos en condicións de poder ofrecer un amplo servizo para a elaboración de informes ante determinadas situacións, entre as que cabe salientar:

  • Reconstrucción de accidentes de tráfico.
  • Determinación das causas de accidentes, incendios e outros sinistros.
  • Valoración de inmuebles, máquinas, instalacións, acopios.
  • Informes de solidez.

Os INFORMES PERICIAIS inclúen unha valoración técnica de danos e perdas económicas, coa intención de que se poida levar a cabo unha reclamación xudicial ou arbitraxe. Deste xeito, este tipo de documento representa unha testemuña e valoración de danos sufridos e pode contribuír como unha proba en favor do cliente para a obtención de indemnización logo do proceso de reclamación correspondente. Co fin de axilizar os trámites relacionados con calquera procedemento legal que requira os mencionados servizos de peritaxe, NORTING INGENIERÍA pon á súa disposición o seu gabinete de expertos profesionais, preparados para axudarlle cando así o requira. A seriedade e a eficiencia son dous dos valores que definen o xeito de traballar dos nosos expertos, que garanten resultados de calidade nos prazos establecidos. Consúltenos sen ningún tipo de compromiso.