¿CÓMO TRABALLAMOS?

No noso ESTUDO DE ENXEÑARÍA otorgámoslle especial importancia á planificación dos traballos a realizar. Por este motivo, ofrecemos unha atención personalizada caracterizada por ASESORAMENTO INTEGRAL en tódolos pasos do proxecto ou obra, e un rigoroso seguimento da súa evolución. Deste xeito, establecemos unha comunicación continua cos nosos clientes e mantémolos informados sobre todas as evolucións dos servizos contratados, ao tempo que abrimos un proceso de análise para solicitar cambios e modificacións que proporcionen maior calidade ó deseño inicial. Grazas a estes procedementos conseguimos ser unha referencia fundamental no sector.

En NORTING INGENIERÍA temos en conta tódolos pasos a seguir para completar un proxecto, ademais de planificar e crear un anteproxecto segundo as directrices e necesidades do cliente. Unha vez establecidas as liñas xerais de traballo, defínese o PLAN DE ACTUACIÓN, así como o calendario de execución, para cumprir os prazos acordados co cliente e evitar calquera tipo de imprevistos ou contratempos.