PROXECTOS
NORTING INGENIERÍA leva percorridos máis de 40 anos planificando e executando todo tipo de PROXECTOS DE OBRA CIVIL a nivel nacional. Así mesmo, a longa historia da nosa empresa permitiunos preparar e levar a cabo numerosos PROXECTOS INDUSTRIAIS para industrias en sectores e actividades moi diferentes, o que demostra a nosa capacidade de adaptación ás demandas dos clientes e ás particularidades de cada caso. Deste xeito ofrecemos solucións adecuadas para cada circunstancia.
Combinamos proxectos de ARQUITECTURA CIVIL con outros de natureza industrial, polo que traballamos cunha ampla gama de perfís e estilos arquitectónicos adaptados á funcionalidade e estética do recinto ou edificio. Logo de anos de experiencia melloramos as técnicas de construción, obtendo mellores resultados nun menor lapso de tempo. Asemade, a introdución de novas tecnoloxías permitiunos acelerar a execución do traballo grazas á previsualización virtual, a cal permite aplicar modificacións previas ó comenzo dos traballos.
A extensa actividade de NORTING INGENIERÍA na área de ARQUITECTURA CIVIL é unha garantía de calidade á hora de planificar e lanzar calquera tipo de PROXECTO DE OBRA CIVIL, xa que o coñecemento e a experiencia adquirida dos nosos técnicos supón un valor engadido. Asemade, cabe salientar o carácter multidisciplinar de INGENIERÍA NORTING, xa que máis alá de desenvolver todo tipo de traballos no campo da enxeñería, dedicámonos a realizar diferentes tipos de PERITACIÓNS cos seus correspondentes informes e documentos.
Ademáis, o compromiso cos nosos clientes, a seriedade e profesionalidade coa que traballamos, son algunhas das propiedades que caracterizan á nosa empresa avalándonos como un referente do sector. Aquí tes unha galería de fotos cunha ampla selección de imaxes dalgúns dos PROXECTOS DE OBRA CIVIL E INDUSTRIAL desenvoltos ó longo destes últimos anos da nosa actividade.