APERTURA DE ACTIVIDADES - TRAMITACIÓNS EN ÓRGANOS PÚBLICOS

Dispoñemos dun departamento destinado a tramitar toda a documentación necesaria para levar a cabo a COMUNICACIÓN PREVIA en Concellos e deste xeito levar a cabo A APERTURA DO SEU NEGOCIO OU ACTIVIDADE. Este servizo está dirixido tanto a empresas como a particulares, independentemente do sector ou tamaño da actividade.

A obtención da LICENCIA DE APERTURA é esencial cando se inicia calquera actividade nun local ou establecemento. Polo xeral, realizar tódolos trámites de APERTURA implica un importante investimento de tempo e desplazamentos a varias administracións e ORGANISMOS PÚBLICOS nos que teremos que levar a cabo XESTIÓNS E TRAMITACIÓNS para presentar a documentación solicitada: Proxecto de apertura, Memoria de actividade, Certificados.

O noso principal cometido con este servizo é atender a demanda de todas aquelas persoas e empresas que requiran dunha atención integral e individual. Consulte aos nosos expertos e esquézese de trámites e papeleos. Elaboramos a documentación e realizamos tódolos trámites necesarios nos organismos públicos para calquera actividade:

  • Academias e centros docentes
  • Almacéns
  • Alumeados exteriores
  • Café-bar
  • Carpinterías
  • Centros de saúde e clínicas
  • Centros sociais, de día e infantís
  • Garaxes
  • Garderías e escolas
  • Hoteis
  • Instalacións deportivas
  • Xoierías
  • Locais de lecer
  • Oficinas
  • Ópticas
  • Panaderías e confiterías
  • Perruquerías
  • Residencias
  • Restaurantes e pizzerías
  • Supermercados
  • Talleres e obradoiros
  • Tendas e comercios.
  • Etc.