COLABORACIÓNS TÉCNICAS

CÁLCULO DE ESTRUCTURAS

Realizamos o cálculo de estruturas co software máis moderno do mercado. Tódolos nosos deseños están feitos seguindo as indicacións dos nosos clientes e engadindo novidades posteriores aprobadas polo cliente a través de suxestións personalizadas realizadas polos nosos profesionais. Ao longo da nosa traxectoria destacamos no cálculo de estruturas metálicas e formigón de todo tipo:

  • Ampliacións, reformas, nova implantación en edificios e naves industriais.
  • Muros e Cimentacións.
  • Vigas, forxados e cubertas.
  • Reforzos e/ou reparación de estruturas existentes.

CÁLCULO DE INSTALACIÓNS

As instalacións de calquera edificio garanten a correcta funcionalidade do mesmo, xa sexan vivendas ou oficinas, comercios ou industrias. En Norting Ingeniería posuimos unha ampla experiencia no deseño e cálculo das instalacións necesarias para calquera uso e actividade mediante os softwares específicos:

  • Aire acondicionado
  • Aire comprimido
  • Illamento de ruídos e vibracións
  • Alumeado exterior e interior, Alumeado público.
  • Calefacción
  • Electricidade: baixa e media tensión
  • Fontanería e ACS (Auga quente sanitaria)
  • Fotovoltaica
  • Frío
  • Fuel, gasoil
  • Saneamento (fecais, pluviais)
  • Solar (ACS)
  • Vapor
  • Ventilación
  • Etc.