Dispoñemos dun equipo técnico multidisciplinar que se relaciona transversalmente para conseguir resultados óptimos dentro da complexidade dos procesos constructivos nos que interveñen multitude de factores técnicos e humanos. Para unha correcta DIRECCIÓN DE OBRA, os nosos técnicos realizan visitas (rexistradas no libro de ordenes) á obra durante a execución dos traballos para comprobar a súa correcta execución segundo a documentación técnica (proxecto, memoria técnica ou orzamento), e sempre dende a nosa perspectiva e amplia experiencia no terreo. Unha vez concluidos os traballos, e sempre co beneplácito do cliente, expídese a correspondente certificación de fin de dirección de obra (CFDO). O devandito documento otorga visto bó a execución dos traballos.