VALORACIÓN DE INMOBLES
Unha das actividades destacada dentro do noso departamento de peritacións é a VALORACIÓN DE INMOBLES, unha TASACIÓN INMOBILIARIA mediante a que se calcula o valor dun ben inmoble, xa sexa unha vivenda ou oficina, un local ou establecemento comercial, un edificio completo ou unha planta industrial. Esta tasación inclúe unha serie de observacións, avisos ou condicións, así como documentos e outros informes que determinan o cálculo final do valor, que se reflicte nun certificado oficial.
Polo xeral, a VALORACIÓN DE INMOBLES lévase a cabo coa intención de converter dito inmoble nun préstamo hipotecario, polo que esta valoración pódese considerar como unha tasación hipotecaria que tamén permitiría coñecer o risco que se asume ó levar a cabo esta operación. Para que a tasación sexa válida debe ser emitida por un profesional independente. En NORTING INGENIERÍA contamos precisamente co equipo adecuado de profesionais para realizar calquera tipo de tasación. Contamos con especialistas que, ademais de elaborar todo tipo de informes periciais, posúen ampla experiencia na valoración de inmobles, calquera que sexa a súa situación ou condición. A longa traxectoria dos nosos expertos aválaos como técnicos de referencia para realizar esta análise no tempo establecido previamente co cliente. Os factores que inflúen na valoración dun inmoble son:
- Localización
- Antigüidade
- Situación do inmoble dentro do edificio
- Superficie
- Calidade dos materiais de construción
- Servizos próximos
A tasación pódese realizar por comparación con outros inmobles, por custos ou baseada na capitalización das rendas. En NORTING INGENIERÍA dispoñemos de medios técnicos e programas informáticos específicos para levar a cabo calquera destes métodos sen ningún tipo de erro.